O Departamento Químico do Laboratorio de Consumo de Galicia desenvolve os análises para determinar a presenza de determinadas substancias que poden estar presentes en produtos de consumo. Con fin de garantir a seguridade das persoas consumidoras, en especial dos máis vulnerables coma é a poboación infantil, proxecta campañas de control do mercado cuxos produtos son analizados mediante técnicas instrumentais.

A determinación da presenza de determinadas substancias en cantidades superiores ás permitidas pola lexislación vixente, permite a emisión da correspondente alerta no sistema rápido de intercambio de información con AECOSAN, a súa correspondente retirada do mercado, a comunicación directa ao resto de Comunidades Autónomas e a inclusión, de se-lo caso, na rede europea de alertas RAPEX.

O Departamento Químico realiza periodicamente comunicacións científicas en foros o congresos internacionais como son os celebrados en Bélxica (Gante 2016) ou en España (santiago de Compostela) onde se participou coa comunicación oral titulada Prevention Strategy carried out to control the presence of phthalates in the environment, no seo do ISEAC-40 International Conference on Environmental & Food Monitoring.

Esta actividade tamén se complementa coa participación en ensaios de intercomparación promovidos por la UE, como a Joint Action organizada en 2016 por PROSAFE, con laboratorios de la UE y de China.

O Departamento Químico tamén participa nos grupos de traballo do CEN para a redacción da normativa técnica e realiza labores de formación ao alumnado da Universidade de A Coruña.