O delegado da Xunta e a xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia de Galicia (IGCC) visitaron o Laboratorio de Consumo ubicado na Coruña
A Coruña, 5 de Abril de 2022.-

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, visitaron esta mañá o Laboratorio de Consumo de Galicia. Na visita Trenor salientou que “a nosa comunidade é líder en España na seguridade dos produtos e vixilancia no mercado”, un dos aspectos clave na protección dos consumidores e usuarios. “Somos unha comunidade moi proactiva na detección de produtos inseguros”, destacou o delegado. Así, Galicia detectou 82 tipos de produtos perigosos en 2021 que comunicou á Rede de Alerta Nacional”. En canto aos produtos alertados. Galicia sempre está entre as comunidades autónomas que máis alertas informa. Por iso, en 2021 foi a segunda comunidade con máis produtos detectados.
Tal e como salientou o representante do Goberno galego o traballo do Instituto Galego de Consumo e Competencia céntrase “na prevención e na corrección do mercado, desenvolvendo estratexias para garantir que os produtos que chegan ao consumidor son totalmente seguros”. Para iso, asegurou, é fundamental a intensificación das inspeccións, que chegaron a preto de 58.299 actuacións ao longo do ano pasado”, este tipo de accións incrementáronse un 22% con respecto ao 2020. Neste laboratorio analizáronse tamén máis de 500 produtos en 2021.
A aposta pola mediación e arbitraxe para solucionar de forma áxil e gratuíta as reclamacións dos consumidores é outra das áreas fundamentais do traballo deste centro. Neste eido o IGCC emitiu 2.796 laudos relacionados cos diferentes sectores o ano pasado, un 13% máis cos emitidos en 2020.
O representante do Goberno galego destacou tamén o labor de formación e información que realiza o IGCC a través da Escola Galega de Consumo, dando a coñecer os dereitos dos consumidores e promovendo hábitos de consumo responsable. No 2021, esta escola organizou 108 actividades nas que participaron 4.052 persoas.

Temática:
Outros