O Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir, decidiu crear un novo departamento dedicado exclusivamente ao estudo de produtos relacionados coa pandemia COVID-19.

No Laboratorio COVID-19 desenvólvense estudos, informes de campaña, informes técnicos derivados de denuncias así como informes técnicos de asesoría a laboratorios ou empresas, tanto distribuidoras como importadoras, sobre os produtos relacionados coa protección fronte ao COVID-19 existentes no mercado á disposición das persoas consumidoras. Os documentos que emanan deste departamento versan sobre a seguridade destes produtos, fundamentalmente das máscaras hixiénicas, cirúrxicas así como as máscaras EPI (Equipos de protección individual). O risco dos produtos inseguros detectados é avaliado para a súa posterior publicación tanto na rede de alerta nacional relativa aos produtos de consumo, como na rede de alerta europea Rapid Exchange of Information System, RAPEX.