Data da norma:
04/08/16
Data da publicación:
25/08/16
O Instituto Galego de Consumo e o Consello Galego da Competencia quedan integrados dentro do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que, de acordo co establecido no número 2 do artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, asumirá os medios persoais e materiais e as competencias que na actualidade corresponden ao Instituto Galego de Consumo e ao Consello Galego da Competencia, que se suprimirán no momento da súa entrada en funcionamento, sen que supoña incremento ningún de gasto público
Temática:
Outros
Departamento:
Instituto Galego do Consumo e da Competencia